Anuncios Gratis    │   Como publicar aquí   │   Contacto

 

Sitios España - Noticias destacadas de España y el mundo

 
Music4us: a industria independente española consolida a súa andaina en Internet

Se escribimos na barra de navegación os seguintes termos www.music4us.com (soaría coma Music For Us, ou sexa Música Para Nós) aparece en pantalla unha das peores webs que se teñen visto en moito tempo, pero as cousas cambian de xeito substancial se cliqueamos mu4us.com, a que posiblemente sexa a primeira tenda on line española de música independente, posta en marcha hai máis ou menos un ano

A páxina, que abandoou a beta hai unhas semanas, conta co apoio de Oricon, Zipango e da española Subterfuge. Detrás do proxecto hai só un equipo de dez persoas, desas que apostan decididamente por Internet como substituto... ou mellor dito, como prolongación das canles habituais de comercialización de música.

Pero, que ten Music4us que non teña calquera outro servizo on line xa posto en marcha antes? Pois, en liñas básicas, a gran diferenza é que aquí non meten as gadoupas as empresas coñecidas como xigantes da música. Isto non quere dicir que todo o que se venda en Music For Us sexa de calidade, pero polo menos sabemos que non se apoia unicamente o que se vende moito e o que gusta á maioría. O servizo, malia os seus puntos febles (é case tan caro como calquera outro das grandes multinacionais), inclúe outra vantaxe interesante: as cancións que se adquiren veñen en formato MP3 sen DRM, o que quere dicir que a música que merquemos está a nosa disposición para facer o que queiramos con ela, sendo compatible en tódolos reprodutores. Ou sexa, que descargando un tema tamén descargamos certos permisos sobre o tema baixado. Music4us, ademais, é unha web habilitada para facer os patos por tarxeta pero tamén por SMS. No servizo podemos atopar produtos de 20 discográficas e, neste momento, están dispoñibles arredor de 35.000 cancións, o que non está nada mal para ser un servizo relativamente recente. Cómpre sinalar que algunha destas cancións só se poden adquirir aquí.

COMO BUSCAR MP3 EN GOOGLE

Reproductor de MP3 con WiFi

TODO SOBRE MUSICA ESPAÑA

Auriculares con MP3 integrado

Compartir este articulo :

 

Ver historial de noticias

 

 

 

Home  |  Como incluir un sitio aquí  |  Publicidad  |  Noticias & curiosidades  |  Anuncios gratis
 
© Copyright 2003 - 2018 SitiosEspana.com - Permitido el uso del contenido citando la fuente