|
Music4us: a industria independente
española consolida a súa andaina en Internet
Se escribimos na barra de
navegación os seguintes termos
www.music4us.com (soaría coma Music For Us, ou
sexa Música Para Nós) aparece en pantalla unha das
peores webs que se teñen visto en moito tempo, pero as cousas
cambian de xeito substancial se cliqueamos
mu4us.com,
a que posiblemente sexa a primeira tenda on line española de música
independente, posta en marcha hai máis ou menos un ano
|
 |
A páxina, que abandoou a beta hai unhas
semanas, conta co apoio de Oricon, Zipango e da española Subterfuge.
Detrás do proxecto hai só un equipo de dez persoas, desas que
apostan decididamente por Internet como substituto... ou mellor dito,
como prolongación das canles habituais de comercialización de
música.
Pero, que ten Music4us que non teña calquera outro servizo on line
xa posto en marcha antes? Pois, en liñas básicas, a gran diferenza é
que aquí non meten as gadoupas as empresas coñecidas como xigantes
da música. Isto non quere dicir que todo o que se venda en Music For
Us sexa de calidade, pero polo menos sabemos que non se apoia
unicamente o que se vende moito e o que gusta á maioría. O servizo,
malia os seus puntos febles (é case tan caro como calquera outro das
grandes multinacionais), inclúe outra vantaxe interesante: as
cancións que se adquiren veñen en formato MP3 sen DRM, o que quere
dicir que a música que merquemos está a nosa disposición para facer
o que queiramos con ela, sendo compatible en tódolos reprodutores.
Ou sexa, que descargando un tema tamén descargamos certos permisos
sobre o tema baixado. Music4us, ademais, é unha web habilitada para
facer os patos por tarxeta pero tamén por SMS. No servizo podemos
atopar produtos de 20 discográficas e, neste momento, están
dispoñibles arredor de 35.000 cancións, o que non está nada mal para
ser un servizo relativamente recente. Cómpre sinalar que algunha
destas cancións só se poden adquirir aquí.
COMO BUSCAR MP3 EN GOOGLE
Reproductor de MP3 con WiFi
TODO SOBRE MUSICA ESPAÑA
Auriculares con MP3 integrado
Comparte este articulo :
/
Compartir en Facebook
/
Ver historial de noticias |
|